viernes, 13 de septiembre de 2013

NOVO CURSO DE CATEQUESE

A toda a Comunidade Parroquial:

    Un ano máis, no mes de outubro comezará un novo curso da Catequese Parroquial. Seguirá sendo os domingos, ás 10,30 horas para celebrar despois a Eucaristía, ás 11,30 h. 
     Empezaremos o día 6, por iso, para ir organizándonos, sería bo que aqueles e aquelas interesados/as en que os seus fillos/as participen nela, cubran a ficha de inscrición que se lles facilitará no Despacho Parroquial no seguinte horario:
  • Martes e xoves: de 18 horas a 20 h.
  • Domingos: de 11 h a 11,30 h.
         Sería estupendo que algún pai, nai (ou outro adulto) se animara a colaborar tamén nesta experiencia de fe. Todos e todas podemos aportar algo, todos e todas sabemos; só é cuestión de dar o paso.

       Se alguén de  vós sente que quere facer máis que "levar ao  neno/a á catequese, que nolo diga. 

          Esperámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.