martes, 24 de julio de 2012

REMATAMOS O CAMIÑO

O 16 de xullo empezamos a camiñar en Lugo, con moita ilusión e algún medo a non poder rematar. Eramos un grupo de vinte e dúas persoas. A máis nova, de 9 anos e a maior de cincuenta e moitos.     Pouco a pouco fomos completando etapas, cada un de nós ao noso ritmo, sabéndonos sempre acompañados.
E así, todos e todas chegamos ao final o día 20, sen maiores problemas: só cansancio e algunha feridiña no pé, pero satisfeitos, alegres e cheos de emoción. 
E, como non podía ser menos, participamos na misa do peregrino das 12 da mañá.
Dende aquí grazas a todos e todas. De xeito especial, moitísimas grazas á rapazada, que nos ensinou moito aos que nos considerabamos "máis experimentados". Unha experiencia para repetir.

 Na oficina do peregrino fixéronnos unha foto e recolleron un pequeno resumo do camiño. Se queredes velo, só tedes que premer na foto.