domingo, 25 de noviembre de 2018

SAÍDA A "OS BARREIROS" (MONTEAGUDO"

O domingo 17 de novembro un grupo de pais, nais, nenos, nenas, avós, avoas e catequistas realizamos unha saída a unha área recreativa chamada Os Barreiros, en Monteagudo (entre Arteixo e Laracha).
Compartimos, xogos, xantar e unha camiñata (que non era tan sinxela coma nos dixeron) e pasámolo moi, moi ben.
Podedes ver imaxes desa xornada, picando debaixo da foto. Son fotos que fixeron distintas persoas e tiveron a xenerosidade de compartir.
Grazas a todos e todas por participar! 
(E repetiremos a experiencia, non o dubidedes!) 
https://drive.google.com/drive/folders/1J1Xmyx0DD59qzntJW4AVm41E4GU2Jc3Z?ogsrc=32 
 Pedimos disculpas porque fixemos a foto do grupo cando xa varias persoas marcharan. Sentímolo (non caímos na conta de facelo antes).