jueves, 31 de diciembre de 2015

sábado, 5 de diciembre de 2015

FESTIVAL SOLIDARIO CÁRITAS

     O próximo 13 de decembro a Rondalla e o Coro Tanxedoira participarán no evento solidario que Caritas celebrará ás 18:00h na igrexa de San Luís Gonzaga (Rúa San Rosendo). Ademais dos nosos grupos artísticos tamén participarán no acto os Cantareiros do Naval e unha Banda de Gaitas. 

    Sendo o motivo desta celebración de entrada gratuita a solidariedade, rogamos aos asistentes que axuden á causa de Caritas aportando alimentos non perecedeiros ou artigos de primeira necesidade, sobre todo infantil. Entre todos podemos conseguir que os que máis o necesitan pasen un bo Nadal.


     Nota: A pesares de que non aparece no cartel, queremos facer constar a colaboración da librería KIKO'S (c/ Alexander Von Humboldt, 9 - Baixo. Teléfono: 881 91 88 06) que aportou distintos obxectos para o sorteo que se vai realizar no festival.

      Dende aquí damos as grazas a todos os que dunha forma ou outra participan na organización e realización deste festival.

viernes, 4 de diciembre de 2015

AVISO CATEQUESIS

Lembrámosvos que o domingo 6 de decembro NON HABERÁ CATEQUESE.
Verémonos de novo o domingo 13.

Familias: non esquezades que ese domingo tamén teremos o noso "café pendente" mensual.

domingo, 29 de noviembre de 2015

PORQUE ES POSIBLE. NADIE SIN HOGAR

O 29 de novembro é o Día Internacional das Persoas sen Fogar. Este vídeo pode axudarnos a reflexionar un pouquiño sobre o que iso significa. Un fogar é moito máis ca un teito. 
Todos podemos botar unha man para que as cousas vaian cambiando. 
"Porque é posible"

sábado, 28 de noviembre de 2015

EXPLICACIÓN SENCILLA DEL ADVIENTO

Siempre, lo más sencillo es lo que mejor se entiende. Por eso nos parece que este vídeo puede ayudar a comprender mejor el sentido del Adviento, que tantas veces pasa inadvertido por las luces de felicidad irreal que nos deslumbran anunciando la Navidad.
Solamente se necesitan tres minutos de atención. La reflexión vendrá luego, por sí sola. 
¿Aceptas regalar y regalarte ese tiempo?
¡Llega Adviento! ¡Vivámoslo de verdad!


miércoles, 18 de noviembre de 2015

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O domingo 8 de novembro celebramos un pequeno magosto na parroquia.
Preparamos o lume, asamos as castañas e pasamos unha tarde de festa compartindo lerias, xogos e risas. Mesmo o tempo quixo celebralo connosco e portouse de marabilla.
Velaquí unha pequena mostra do que foi.
Graciñas a todos e todas os que o fixestes posible.

martes, 10 de noviembre de 2015

ELAS VALEN MOITO


Dende Cáritas Parroquial, en colaboración co Secretariado Xitano, organizáronse unhas xornadas,  baixo o título “Taller de motivación para a formación e o emprego”, dirixido a rapazas xitanas. Durante dous mércores, axudadas por unha educadora tomaron conciencia da súa realidade e das posibilidades que teñen para saír adiante (antes que nada cos estudos).

Compartiron pensamentos, esperanzas, vivencias e, sobre todo, comprobaron que teñen un mesmo sentir, que son mozas como todas as demais e que, se se atreven a dar o paso, poden conseguir cambiar o que “sempre foi así”. Algunhas delas xa empezaron ir ao Centro Violetas e outras están dispostas a comezar a estudar para conseguir superar a ESA (Educación Secundaria de Adultos).

Como despedida do curso, tivemos unha pequena merenda na que estivemos acompañados por Vicente Martelo (Director de Cáritas Interparroquial de A Coruña), Andrea Lago (Traballadora de Cáritas Diocesana), Maite Serra (Delegada do Secretariado Xitano na Coruña), Vanessa Pato (Orientadora Laboral do Secretariado) e Zaida Jiménez (Orientadora Educativa do programa PROMOCIONA, que busca dar o apoio escolar para a superación acadar as competencias esixidas no ensino).


Dende aquí damos as grazas a todos eles pola súa desinteresada colaboración e, dun xeito moi especial a todas as rapazas que dixeron si a esta proposta: Sandra, Silvia, Violeta, Soraya, Diana e Sara.



jueves, 29 de octubre de 2015

HORARIO COBRO RECIBOS CEMENTERIO

SÁBADO, 31 DE OCTUBRE:
  • Tarde: 16,00 – 19,00 h.

DOMINGO 1 DE NOVIEMBRE:
  • Mañana: 10,00 h. – 13,30 h.
  • Tarde: 16,00 h – 19,00 h.

LUNES, 2 DE NOVIEMBRE

  • Mañana: 10,00 h. – 13,30 h,

HORARIOS CELEBRACIONES 1 Y 2 DE NOVIEMBRE

LUNES 1 DE NOVIEMBRE:  (TODOS LOS SANTOS)
  • Eucaristías en la Iglesia Parroquial:
          • 10,00 h.
          • 12,00 h.
          • 17,00 h.

MARTES 2 DE NOVIEMBRE: (FIELES DIFUNTOS)
  • Eucaristías en la Iglesia Parroquial:
          • 11,00 h.
          • 17,30 h.
  • Oración en el Cementerio Parroquial: 
          • 17,00 h.                                                         

AVISO

Lembramos que o domingo 1 de novembro, festividade de Todos os Santos, todas as misas serán na Igrexa Parroquial.
Ese domingo non haberá catequese.

DOMINGO 31 TO B

Cómo reconocer a un feliz - 31 TO B

miércoles, 15 de julio de 2015

NO APOIO TAMÉN HAI PISCINA!

Hoxe fomos á piscina. Pasámolo de marabilla. Mirade como nos imos defendendo na auga.

APOIO ESCOLAR NO VERÁN

Durante os meses de xullo e agosto, nos locais parroquiais, estase realizando unha actividade de apoio escolar para nenos e nenas entre 6 e 10 anos.
Esta actividade parte de Cáritas Parroquial de San Cristovo das Viñas e conta coa axuda económica e colaboración de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.
Ademais de practicar lectura, escritura e cálculo, asistimos á piscina un día á semana e realizamos visitas e saídas para coñecer o noso entorno.
Para que vexades o desenvolvemento do mesmo nestes días, velaí as fotos:
UN ANACO DE LECTURA

MANUALIDADES




VISITAMOS CARREFOUR POR DENTRO:

APARELLOS DE COMUNICACIÓN
RECIBIMOS REGALOS
SALA DE CONTROL E SEGURIDADE

sábado, 28 de marzo de 2015

SEMANA SANTA: HORARIOS

Para aquellos y aquellas que podáis y tengáis interés en participar en las celebraciones de esta Semana Santa, aquí tenéis los horarios.
DOMINGO DE RAMOS:
12:45 h.: Bendición de los ramos en el Centro Parroquial. Procesión hasta la Iglesia Parroquial y celebración de la Eucaristía.

JUEVES SANTO: 
17,30 h.MISA DE LA CENA DEL SEÑOR. (Iglesia Parroquial)
19,00 h.: HORA SANTA. (Iglesia Parroquial)

VIERNES SANTO:
12,00 h.: VIACRUCIS. (Iglesia Parroquial)
17,30 h.: CELEBRACIÓN DE LA PASIÓN Y ADORACIÓN DE                  LA CRUZ. (Iglesia Parroquial)

SÁBADO SANTO:
21,30 h.: VIGILIA Y MISA DE PASCUA. (Iglesia Parroquial)




DOMINGO DE RAMOS CICLO B

AVISO CATEQUESE

Lembrámosvos que os domingos 29 de marzo, Domingo de Ramos, e 5 de abril, Domingo de Pascua NON HAI CATEQUESE.
Volveremos á Catequese Parroquial o domingo 12 de abril.

Que vivamos unha boa e enriquecedora Semana Santa 
e celebremos con gozo a Resurrección!