viernes, 30 de diciembre de 2011

CARTA ABIERTA A MIGUEL

“ No estás. No se ve tu rostro. Estás. Tus rayos se disparan en mil direcciones. Eres la presencia escondida”
Si querido Miguel; estas frases son muy adecuadas para ti porque tu presencia está tan viva en mi que, por momentos, me invade la tristeza.
Pero sólo por momentos porque a pesar de permanecer constantemente en mis pensamientos, no tengo más que recuerdos hermosos de lo vivido a tu lado. Ya sea en los pequeños Retiros, en las bonitas convivencias o cuando compartíamos mesa y mantel.
A pesar de tu juventud lo preparabas todo con el cariño de un padre que reúne a sus hijos para compartir con ellos, no la palabrería retórica, sino la enseñanza del amor fraterno a través de la vivencia. Fuiste el ejemplo de entrega enseñándome a ser generoso, a dar sin calcular, a devolver bien por mal, a servir sin esperar recompensa, a acercarme al que nada puede retribuirme, a amar siempre gratuitamente, a trabajar sin preocuparme del reposo.
En fin; me enseñaste con tu actitud, como se debe amar. Decías querido Miguel la frase de un colega tuyo, que mientras vives llevas contigo lo que has conseguido y cuando mueres, llevas los que has dado.
Igualmente me enseñaste que el Reino de Dios no consiste en palabras sino en virtudes y, finalmente me demostraste que amar consiste en renunciar a uno mismo y, ser amable para oír y bondadoso para juzgar.
Tremendo equipaje el tuyo amigo, estoy seguro que en la puerta del cielo se alegrarán con la presencia de un hombre que comprendió que el amor se recibe gratuitamente y que hay que darlo de igual manera.
Tú lo llevaste hasta el extremo y nos duele tu ausencia física, pero estoy seguro que nunca has sentido tantos abrazos de sincero amor, como desde que te has ido.
Estás más vivo que nunca, en mí.
Gracias por dejarme ser tu amigo.

LARADA XANEIRO

GRAZAS

Moitísimas grazas a todos e todas os que estes días, compartindo a dor pola morte de Miguel, acompañades en todo momento coa certeza de que está nos brazos de Deus Pai/Nai, gozando da plenitude.


Tivo o don e a xenerosidade de ir unindo, formando unha piña con todas as súas parroquias, os seus grupos, os seus amigos e ata a súa familia. Notouse estes días nos que todos e todas eramos "un", chorando xuntos e dando grazas por el.


Grazas dende San Cristovo e grazas dende o corazón de cada un, sexa de donde sexa.
Uns amigos que non coñecemos mandáronnos este vídeo que agora poñemos aquí para que todos poidades velo. Graciñas outra vez.


martes, 27 de diciembre de 2011

ATA SEMPRE, MIGUEL

O día de Noiteboa, día sinalado para todos os crentes, naceu á VIDA PLENA o noso crego, Miguel. Chegou á parroquia sendo un vento fresco cheo de ilusións. Foi contaxiándonos a todos e todas desa ilusión, loitando sempre por facer unha comunidade aberta a calquera que quixera entrar nela. Podemos dicir orgullosos que a nosa era (e é) unha parroquia de portas abertas. Miguel sempre dicía que esas portas tiñan que estar así para que se puidera entrar e saír con total liberdade.
Non facía falta moito tempo para darse conta da súa maneira de ser, da súa entrega sen límites, do seu darse aos demais.Sempre sorrindo, sempre acollendo, inquedo, nervioso, alegre, pero preocupado pola súa parroquia, polos seus grupos, polos máis necesitados, polos menos favorecidos.

Non era persoa de alardear do que facía, pero non podemos deixar de expresar aquí esa maneira súa de "dar", de "axudar" de xeito que parecía que eran os demais os que o axudaban a el. Nunca satisfeito co conseguido, buscando sempre facelo mellor.

Hoxe, envoltos na tristura, na dor, nas tebras pola súa morte, temos que atopar a luz que Miguel acendeu para pasar a ver que detrás de todo está a esperanza, a VIDA.

Somos moi afortunados por telo coñecido e compartido este tempo con el. Miguel deunos tanto, deuse tanto, que se deu el mesmo cando xa sentía que non podía dar máis. Agora, aínda que nos falta a súa presenza física, temos a súa forza, que xa non se esgotará, forza que só temos que querer aceptar.

Querémolo e sabemos que nos quere e berramos con esperanza: Miguel VIVE, no Pai/Nai e en todos nós, agora e sempre.