jueves, 31 de diciembre de 2015

sábado, 5 de diciembre de 2015

FESTIVAL SOLIDARIO CÁRITAS

     O próximo 13 de decembro a Rondalla e o Coro Tanxedoira participarán no evento solidario que Caritas celebrará ás 18:00h na igrexa de San Luís Gonzaga (Rúa San Rosendo). Ademais dos nosos grupos artísticos tamén participarán no acto os Cantareiros do Naval e unha Banda de Gaitas. 

    Sendo o motivo desta celebración de entrada gratuita a solidariedade, rogamos aos asistentes que axuden á causa de Caritas aportando alimentos non perecedeiros ou artigos de primeira necesidade, sobre todo infantil. Entre todos podemos conseguir que os que máis o necesitan pasen un bo Nadal.


     Nota: A pesares de que non aparece no cartel, queremos facer constar a colaboración da librería KIKO'S (c/ Alexander Von Humboldt, 9 - Baixo. Teléfono: 881 91 88 06) que aportou distintos obxectos para o sorteo que se vai realizar no festival.

      Dende aquí damos as grazas a todos os que dunha forma ou outra participan na organización e realización deste festival.

viernes, 4 de diciembre de 2015

AVISO CATEQUESIS

Lembrámosvos que o domingo 6 de decembro NON HABERÁ CATEQUESE.
Verémonos de novo o domingo 13.

Familias: non esquezades que ese domingo tamén teremos o noso "café pendente" mensual.