sábado, 1 de junio de 2013

FESTA DA CATEQUESE EN IÑÁS

O pasado 25 de maio celebramos a Festa das Catequeses do Arciprestado de Monelos, en Iñás. Compartimos celebracións, xogos, xantar e xeados (non podían faltar). Eramos moitos, nenos e maiores e foi un verdadeiro día de festa, cheo de risas e bos momentos (ademais de bo tempo, por suposto). Aquí quedan unhas imaxes dese día. Grazas a pais e nais que axudaron ao transporte da rapazada e pasaron con nós tamén algún tempo. Sodes estupendos!