viernes, 30 de diciembre de 2011

GRAZAS

Moitísimas grazas a todos e todas os que estes días, compartindo a dor pola morte de Miguel, acompañades en todo momento coa certeza de que está nos brazos de Deus Pai/Nai, gozando da plenitude.


Tivo o don e a xenerosidade de ir unindo, formando unha piña con todas as súas parroquias, os seus grupos, os seus amigos e ata a súa familia. Notouse estes días nos que todos e todas eramos "un", chorando xuntos e dando grazas por el.


Grazas dende San Cristovo e grazas dende o corazón de cada un, sexa de donde sexa.
Uns amigos que non coñecemos mandáronnos este vídeo que agora poñemos aquí para que todos poidades velo. Graciñas outra vez.


1 comentario:

  1. Ánimo para San Cristovo sodes unha parroquia unida e dinámica, ánimo para cada un de vos, seguide, sodes un exemplo, xa o sabía e estos comprobeino unha vez mais. Miguel descansa na plenitude do Pai, e eso confórtanos e danos paz. O Señor chamouno deste mundo á súa presencia...e alí está, co Deus da terra e do ceo, que non nos deixará xamais.

    ResponderEliminar

Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.