Deixamos aquí un enlace á entrevista realizada a Andrés Torres Queiruga o día 12 de abril deste ano, na que fala sobre a situación que está a vivir pola notificación recibida dende a Comisión para a Doutrina da Fe, coa aprobación da Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española, ante o expresado nalgunhas das súas obras.Vaia dende aquí o noso agradecemento e apoio á súa figura, á súa obra e á súa maneira de entender e vivir a fe. E vaia tamén a petición de respecto para todos e todas, aínda que teñamos distintos puntos de vista.
Para ver a entrevista, só tedes que facer click sobre a súa imaxe.