Benvid@s a tod@s!

Neste espazo parroquial podemos encontrarnos, coñecer novas e deixar as nosas opinións e comentarios.
Mostrando entradas con la etiqueta NACEMENTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NACEMENTO. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de diciembre de 2016

O NOSO BELÉN

Este ano, na nosa Parroquia decidimos colocar un nacemento "un pouco especial". 
Pensamos que sería bo ter presentes ás persoas que marchan dos seus países fuxindo da violencia e da miseria.  Ocorréusenos pedir aos nenos e nenas da catequese que fixeran unha tenda de campaña para montar con todas un campo de refuxiados no que tamén Deus está presente, no que queremos que naza Xesús.
Houbo tendas moi diferentes e notouse a colaboración das familias.
O domingo estivemos colocando o que trouxeron e...
...O resultado foi un nacemento moi sinxelo, sen adornos, sen "castelo de Herodes", pontes, muíños, etc. Un nacemento pobre, humilde, sen luces.
E aquí o tedes: un nacemento de refuxiados, de esquecidos, de ignorados. porque tamén alí debe nacer cada día o amor.Que tamén alí, no perdan a esperanza e que todas as persoas que están en situacións parecidas sintan o noso apoio.

domingo, 7 de diciembre de 2014

O NADAL NAS NOSAS CASAS

Neste tempo de Advento ímonos preparando para a gran celebración do Nadal. Un signo visible é o nacemento que xa se empezou a colocar nalgúns fogares. Aquí vai a primeira foto que nos chegou. A ver se pouco a pouco van chegando máis e imos enchendo esta páxina con eles. 
Grazas!

Mª José




Tres novas fotos chegan a nós. Tres formas diferentes de representar este Nadal, esta esperanza que non debe faltarnos nunca. Gracias.




Rosa


E siguen chegando máis imaxes do Nadal que xa está ás portas.

Marcos




Familia López Sánchez 



 Jose V.



 Marga





Familia Sandar Romero


Familia Suárez García



Estrella





Andrés e Lucía



Carmen e Peón