lunes, 19 de diciembre de 2016

O NOSO BELÉN

Este ano, na nosa Parroquia decidimos colocar un nacemento "un pouco especial". 
Pensamos que sería bo ter presentes ás persoas que marchan dos seus países fuxindo da violencia e da miseria.  Ocorréusenos pedir aos nenos e nenas da catequese que fixeran unha tenda de campaña para montar con todas un campo de refuxiados no que tamén Deus está presente, no que queremos que naza Xesús.
Houbo tendas moi diferentes e notouse a colaboración das familias.
O domingo estivemos colocando o que trouxeron e...
...O resultado foi un nacemento moi sinxelo, sen adornos, sen "castelo de Herodes", pontes, muíños, etc. Un nacemento pobre, humilde, sen luces.
E aquí o tedes: un nacemento de refuxiados, de esquecidos, de ignorados. porque tamén alí debe nacer cada día o amor.Que tamén alí, no perdan a esperanza e que todas as persoas que están en situacións parecidas sintan o noso apoio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.