viernes, 17 de agosto de 2012

CAMIÑO 2012: LUGO - SANTIAGO

Velaquí algunhas imaxes do noso "camiño". Unha andaina que sen dúbida deixou moitos bos pousos en nós. Grazas a todos e todas os que o fixestes posible.

jueves, 16 de agosto de 2012

CAMPAMENTO 2012

Aquí vos queda o vídeo que Abel preparou con algunhas fotos do campamento, no que se recollen algúns dos momentos vividos e compartidos. Esperamos que vos guste.

martes, 24 de julio de 2012

REMATAMOS O CAMIÑO

O 16 de xullo empezamos a camiñar en Lugo, con moita ilusión e algún medo a non poder rematar. Eramos un grupo de vinte e dúas persoas. A máis nova, de 9 anos e a maior de cincuenta e moitos.     Pouco a pouco fomos completando etapas, cada un de nós ao noso ritmo, sabéndonos sempre acompañados.
E así, todos e todas chegamos ao final o día 20, sen maiores problemas: só cansancio e algunha feridiña no pé, pero satisfeitos, alegres e cheos de emoción. 
E, como non podía ser menos, participamos na misa do peregrino das 12 da mañá.
Dende aquí grazas a todos e todas. De xeito especial, moitísimas grazas á rapazada, que nos ensinou moito aos que nos considerabamos "máis experimentados". Unha experiencia para repetir.

 Na oficina do peregrino fixéronnos unha foto e recolleron un pequeno resumo do camiño. Se queredes velo, só tedes que premer na foto.

martes, 12 de junio de 2012

CAMINO DE SANTIAGO

Este ano faremos o Camiño dende Lugo. Será do 16 ao 20 de xullo. Se vos animades, falade connosco antes do 22 de xuño, para poder organizar todo.
As etapas serán:

  • Lugo - San Romao de Retorta.
  • San Romao de Retorta - Vilouriz.
  • Vilouriz - Arzúa.
  • Arzúa - Arca.
  • Arca - Santiago de Compostela.
Deixámosvos aquí uns vídeos de distintas etapas deste tramo.








domingo, 10 de junio de 2012

REUNIONES PRIMERAS COMUNIONES

Para preparar la celebración de la Primera Comunión de los niños de nuestra Parroquia, vamos a reunirnos por grupos en las fechas siguientes, según lo acordado por las familias:


GRUPO 17 DE JUNIO:  Viernes, 15, a las 20,30 h.

GRUPO  24 DE JUNIO:  Jueves, 21, a las 20,00 h.

GRUPO 8 DE JULIO: Jueves, 5, a las 20,00 h.

GRUPO 5 DE AGOSTO: Jueves, 2, a las 20,15 h.