domingo, 14 de marzo de 2021

SAÍMOS NA TVG

 Hoxe, 14 de marzo, o programa "Polo camiño da fe", da TVG tratou o tema das persoas no cárcere. É un programa que paga a pena ver. Dura moi pouquiño e nel temos moito que ver, xa que desde a nosa parroquia, con cáritas e un grupo de persoas voluntarias, colaboramos nun proxecto de acollida a persoas que saen da prisión. Neste primeiro programa vese un pouquiño e no do vindeiro domingo, veremos o resto.

Hoxe, que se nos fala de recoñecer a LUZ  e SER LUZ para os demais, este programa é unha boa oportunidade de pararnos e reflexionar.

 PROGRAMA PASTORAL PENITENCIARIA DA IGREXA NO CÁRCERE DE TEIXEIRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.