Este domingo 17 de febreiro tivemos unha pequena convivencia na Cidade dos Muchachos de Agarimo, en Arteixo.
Eramos moi pouquiños, pero pagou a pena. Deunos tempo a compartir xogos, xantar, unha pequena reflexión/oración sobre o compañeirismo e o compartir e un café con pais e nais.Aínda que o tempo non axudou demasiado, o ambiente foi moi, moi cálido.
Grazas a todos e todas por facelo posible.
Se queredes ver fotos deste día, picade na imaxe de abaixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.