Dende
Cáritas Parroquial, en colaboración co Secretariado Xitano,
organizáronse unhas xornadas, baixo o título “Taller de motivación para a formación e
o emprego”, dirixido a rapazas xitanas. Durante dous mércores, axudadas por unha educadora tomaron conciencia da súa realidade e das posibilidades que teñen para saír adiante (antes que nada cos estudos).
Compartiron
pensamentos, esperanzas, vivencias e, sobre todo, comprobaron que
teñen un mesmo sentir, que son mozas como todas as demais e que, se
se atreven a dar o paso, poden conseguir cambiar o que “sempre foi
así”. Algunhas delas xa empezaron ir ao Centro Violetas e outras
están dispostas a comezar a estudar para conseguir superar a ESA
(Educación Secundaria de Adultos).
Como
despedida do curso, tivemos unha pequena merenda na que estivemos
acompañados por Vicente Martelo (Director de Cáritas
Interparroquial de A Coruña), Andrea Lago (Traballadora de Cáritas
Diocesana), Maite Serra (Delegada do Secretariado Xitano na Coruña),
Vanessa Pato (Orientadora Laboral do Secretariado) e Zaida Jiménez
(Orientadora Educativa do programa PROMOCIONA, que busca dar o apoio
escolar para a superación acadar as competencias esixidas no
ensino).
Dende aquí damos as grazas a
todos eles pola súa desinteresada colaboración e, dun xeito moi
especial a todas as rapazas que dixeron si a esta proposta: Sandra,
Silvia, Violeta, Soraya, Diana e Sara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.