Sabedes que somos unha parroquia na que hai moitas necesidades (máis das que moitas veces pensamos), por iso recurrimos á solidariedade de todos e todas para axudar a facer que este tempo sexa un pouquiño especial tamén para as familias que peor o están pasando.
O grupo de xóvenes da Parroquia, decidiuse a participar e ampliar esta campaña, levándoa ao Instituto de Elviña e ao Gadis da zona.
Así, todos os que queiran colaborar, poden facelo de varias formas:
- Traendo alimentos aos locais parroquias, martes, xoves e venres, a partires das 17,30 horas e os sábados e domingos nos horarios das misas, ata o día 15 de decembro.
- No Instituto de Elviña, os días 3, 4 e 5 deste mes.
- No Gadis de Elviña o sábado día 14.
Os alimentos que mellor nos veñen (xa que outros témolos do Banco de Alimentos, da Unión Europea) son: cereales para o almorzo, cacao, azucre, galletas, marmeladas, café, leite, aceite, conservas e produtos navideños).
Esperamos a vosa axuda.
Graciñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.