domingo, 29 de septiembre de 2013

NOVO PÁRROCO

O vindeiro sábado, 5 de outubro, ás 18,30 horas, tomará posesión como Párroco de San Cristovo das Viñas, D. Manuel Rodríguez. 
Como tamén está nomeado Párroco de San Luís Gonzaga,  é preciso facer uns cambios nos horarios das misas parroquiais.
En principio o horario será o seguinte:
  • Sábados: 18 horas (na Igrexa Parroquial)
  • Domingos:
      • 10 horas  (no Centro Parroquial)
      • 12 horas  (no Centro Parroquial)

Comezamos unha nova etapa na nosa Parroquia. Etapa que iniciamos con ilusión e esperanza, coa seguridade de seguir vivindo e compartindo a nosa fe, poñendo cada un de nós o seu grao de area para que sigamos sendo unha comunidade viva e fraterna.

Vémonos o sábado, para recibir e acompañar ao noso novo Párroco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.