miércoles, 27 de julio de 2011

EL CUERNO DE ÁFRICA

SI LO DEJAS PASAR ¡¡MORIRÁN!!
S.O.S CUERNO DE ÁFRICA
MANOS UNIDAS ABRE UNA CUENTA DE EMERGENCIA PARA AYUDAR A LA POBLACIÓN AFECTADA POR EL HAMBRE
Manos Unidas ha abierto una cuenta de emergencia para dar respuesta a las peticiones de ayuda que se están recibiendo desde el Cuerno de África y a la demanda de nuestros socios, colaboradores y amigos. Todos aquellos que deseen colaborar pueden hacerlo en la siguiente cuenta de emergencia:
BANCO POPULAR Cta. Nº 0075 - 0001 - 85 - 0606786759 REF: EMERGENCIA CUERNO DE AFRICA
La vida de millones de personas corre peligro y Manos Unidas, como viene haciendo desde su nacimiento, no puede sustraerse al dolor y al sufrimiento de estas personas, que nos necesitan hoy más que nunca.

domingo, 24 de julio de 2011

CAMPAMENTO 2011

Aquí vai unha pequena mostra dos distintos días do noso campamento parroquial en Ponte do Porto (Camariñas). Non representan o vivido estes días, pero poden axudarnos a facernos idea do ben que o pasamos e do moito que compartimos.

viernes, 8 de julio de 2011

CAMPAMENTO PARROQUIAL

Desenvolverase do 17 ao 22 deste mes de xullo, en Ponte do Porto (Camariñas).

Destinatarios: nenos e nenas da catequese, a partir de 3º de Primaria.

Cuota: 100 €.

Data límite inscrición: domingo, 10 de xullo.

Reunión familias da rapazada que asista ao campamento: xoves, 14 de xullo, ás 20:00 horas, no Centro Parroquial.

viernes, 24 de junio de 2011

FESTA CLAUSURA

É moi habitual pechar un curso celebrando un acto de clausura. E nós, no Centro Social, tamén o fixemos.
O día 22 de xuño, celebramos unha festa para poñer punto a este curso de actividades que agora rematou. Asistiron moitas persoas, e compartimos mesa e mantel, con aportacións que fixeron cada unha delas. Grazas a todos e todas por facer posible todo isto.


EXPOSICIÓN MANUALIDADES

Como remate final, o grupo que participa na actividade de Manualidades, expuso durante varios días os seus traballos realizados ao longo do curso.
Deixaron patente que son unhas verdadeiras artistas. Velaquí unha pequena mostra das súas habilidades.

EL BIOMBO TEATRO

O pasado sábado, 28 de xuño, no local da Asociación de Veciños "Os Anxos", e organizada pola parroquia, tivo lugar unha estrea teatral moi divertida a cargo do grupo EL BIOMBO TEATRO.

A obra representaba tres entremeses, algún de Cervantes, que fixeron rir ao numeroso público que a ela asitiu. Foi un verdadeiro éxito. Dende aquí o noso agradecemento ao grupo, que actuou de xeito desinteresado, e á Asociación de Veciños, que moi amablemente puxo á nosa disposición o seu Salón de Actos.